Esta peza en relidade consta d dúas partes, esta é a parte dianteira ou a cabeza, está pensada para sustituir aos tradicionais pináculos no tellado dunha palleira e inspirase nos drackars vikingos e as súas tallas de proa e popa con forma de dragóns da mitoloxía nórdica. Subirei próximamente as fotos das pezas completas e colocadas.
Aquí hai unha miscelánea de pezas que realizei para expoñer en ferias e tamén o número 37, para o domicilio, a talla en relieve do cabalo foi para unha feria de gando, tamén hai un reloxo de sol en formato pequeno e unha talla de lacería celta.
E finalmente un primeiro plano do número para o domicilio.
Abraham Corujo, Canteiro e Escultor, traballos de cantería e pedra por encargo
Contacto: 648 263 129
email: eibrinsuko@gmail.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario